BM. VIVEIRO 15 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 43

23/10/2004 2ª XORNADA

BM. VIVEIRO: Sergio, Borja ( 5 ), Aitor, David ( 1 ), Adrián ( 2 ), Rubén ( 2 ), Alejandro ( 1 ) – equipo inicial – Abraham, Angel, Oscar, Nemesio, David, Eduardo ( 2 ), Mariño ( 2 ).

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 13 ), Queco ( 6 ), Hugo, Cristophe ( 2 ), Carlos ( 9 ), Rodrigo ( 1 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz ( 2 ), Aitor ( 6 ), Anxo ( 1 ), Alberto, Alejandro, Gonzalo ( 3 ).

O Asesoría Sueiro Xiria desprazouse a Viveiro na tarde do sábado para obter a segunda victoria na fase territorial xuvenil por un cómodo 15 – 43.

Non foi un bo encontro nin valeu para correxir erros dada a nula resistencia do rival que no minuto 15 xa cedía un 2 a 7. A partir de aí a defensa carballesa relaxouse e cometeu demasiados erros no lanzamento de 6 metros, este feito ante un rival moi frouxo non tivo mais importancia pero de cara a compromisos de maior calado debe de mellorarse senón se quere ter mais de un susto evitable.

A segunda metade iniciouse cun marcador de 8 a 22, e fixose moito mais patente a relaxación do cadro carballés.

O próximo rival e o OAR da Coruña en partido que se xogará o domingo 31 no Pavillón da Zona Escolar e no que será baixa Queco por mor dunha escordadura de nocello producida no adestramento do mércores.

O colexiado Sr. David Rodríguez adicou corenta minutos a mirar o electrónico para decretar as sancións disciplinarias dependendo da diferencia de goles o que puido levar a situacións de violencia na pista.