E. M. CAMARIÑAS 30 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 29

E. M. Camariñas: Alejandro, Diango ( 3 ), Cristian ( 4 ), Sergio ( 2 ), Juan ( 3 ), Fabián ( 12 ), Alberto ( 6 )- equipo inicial – Héctor, Adrián, José, Campaña, Ernesto.

Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 7 ), Anxo, Gonzalo ( 7 ), Manuel ( 6 ), Diego ( 4 ), Javier ( 3 ) – equipo inicial – Aitor, José Luis, Iván, Eloy ( 1 ), Oscar ( 1 ).

Colexiado: Os colexiados García e Rodríguez non influiron no encontro.

O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado ante o E. M. Camariñas por 30 a 29, 12 – 13 no descanso, no que supón a sua primeira derrota da tempada.

Xogar ante un rival ó que se lle gañou duas veces na tempada pode ser motivo dunha certa relaxación no partido. Mais a imaxen amosada polo cadro carballés no partido disputado en Camariñas foi de total desmotivación e pasotismo nun momento clave da tempada no que estos dous puntos perdidos poden suponer un serio problema cando acabe esta fase do campionato galego.

Moito vai ter que cambiar este equipo xuvenil para lava-la imaxe que deixou no encontro deste fin de semana. Agardamos que retomen o antes posible o camiño correcto para intentar acadar o obxectivo de conquerir o campionato galego.