O Rasoeiro imponse ao Goldie Xiria no Grove

O Goldie Xiria comezaba a liga 2016/17 e facíao lonxe de Carballo, concretamente na localidade pontevedresa do Grove. As xogadoras bergantiñáns, partían cara ao seu destino ás 14:30 do pasado Sábado, para enfrontarse no novo pavillón do Grove ao potente equipo do Rasoeiro, dirixído por Pablo Filgueira, técnico que o foi durante os últimos seis anos de Escolas Balonmán Xiria.

O partido non tivo cor e o 0-1 de inicio a favor das verdinegras, foi un mero espellismo. O conxunto local, moito máis rodado que as súas adversarias, mostráronse, á parte, moi superiores en todas as facetas do xogo e nos aspectos físicos e técnico – tácticos. As de Carballo, que perderon até 15 balóns no primeiro tempo, deron demasiadas facilidades a un rival, xa de por si superior. Dos 16 goles que as ponteveresas anotaron na primeiro tempo, 11 foron por contraataques tras perda de balón das carballesas, para establecer un resultado ao descanso de 16-5 que deixaba todo visto para sentenza.

No segundo tempo, todo continuou polo mesmo camiño e un parcial identico ao dos primeiros trinta minutos, establecía o definitivo 32-10.
O Goldie Xiria xogará o próximo encontro ante o potente BM.Porriño. Este envite será a estrea das mozas de Carballo na súa casa e levará a cabo dentro de quince días.

Rasoeiro BM: 32 (16+16). Ariana (3), Rosalía, Alicia (2), Andrea (7), Angela (5), Carla (4), Paula, Sara (2), Patricia (3), Cascone (3), Illa, Ana, María (2), Tania (1), Pintos.

Goldie Xiria: 10 (5+5). Brenda, Andrea, Uxía, Nuria, Tamara, Sara, Alba (1), Sheila, Natalia (1), Jessica (2), Raquel, Juana (6).

Arbitros: Rafael Iglésias, Christian García. Sin complicaciones.

Incidencias: Encontro da primeira xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Novo Pavillón de O Grove ante un centenar de siareiros.