GARAYSA XIRIA 14 – BM. CHAPELA 30

21/11/2004 8ª XORNADA

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 2 ), Paula ( 1 ), Uxía, Yanin ( 4 ), Cristina ( 3 ), María – equipo inicial – Marta, Fernanda, Adriana, Iria ( 4 ), Jessica, Sheila.

Bm. Chapela: Noelia, Adriana ( 13 ), Begoña ( 6 ), Sandra ( 1 ), Cristina ( 2 ), Alexandra, Alba – equipo inicial – Judit, Noelia, Estela ( 3 ), Deborah, Iria ( 3 ), Tamara ( 2 ).

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria non puido romper a racha negativa ó sufrir unha derrota ante o Bm. Chapela por un contundente 14 – 30.

Non foron quen as carballesas de saír do bache de resultados fronte a un dos mellores rivais ós que se enfrontou polo de agora, aínda así e tras chegar ó tempo de lecer cun resultado no electrónico de 6 – 14 se produciu unha boa reacción das locais que as levou a estar a tres goles pero a falla de acerto no lanzamento de seis metros voltou a ser a lousa que esmagou definitivamente ó conxunto carballés que foi cedendo vantaxe segundo se achegaba o remate do encontro nun desacertado intento de conquerir algo positivo.

Ségueselle a notar a falla de confianza das xogadoras do Xiria en determinadas accións pero aínda queda moita liga por diante para que saquen todo o que levan dentro e escalen postos na táboa clasificatoria.
Os colexiados Pallarés e Del Río non tiveron problemas para levar o encontro, repartindo desacertos para os dous bandos.