GARAYSA XIRIA 26 – Esc. Mpal. Camariñas 31

09/02/2004 10ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Guillín, Norberto(1), Diego Díaz(2), Jesús (5), Joaquín (8), Eloy (3), Niko, Óscar (4), Manuel (3).

ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Alejandro, Sergio (6), Sebastián, Fabián (12), Campaña (4), Diango (3), Adrián, Cristian, Jesús, Víctor, Alberto (2), Tedín (3).

Xogaba o Garaysa Xiria un decisivo partido na mañá do Sábado, decisivo pola importancia dos puntos de cara á clasificación no terceiro posto que daría ó pasaporte para o Campionato Galego. O encontro disputábase no Pavillón Bergantiños e o rival importante, difícil e correoso, o Exc. Mpal. de Camariñas, que xa foi quen de gañar ó cadro carballés por un gol de renda na primeira volta. Sabía o Garaysa que si quería levarse os dous puntos tería que aplicar moita intensidade defensiva, velocidade e rapidez no contraataque e tranquilidade e movemento rápido de balón no xogo ofensivo, todo iso acompañado con unha dose de leva-lo ritmo do partido e de non ter perdas de balón non forzadas.

Os de Fernando Vázque comezaron centrados pero os de Camariñas ibanlle á par e as diferencias no marcador eran moi curtas por parte de un e outro equipo. O Garaysa tiña intensidade, pero a defensa non funcionaba correctamente. Aínda así a boa actuación de Guillín na portería mantiña ós carballeses no encontro, chegándose ó descanso cun gol de vantaxe para os camariñáns.
As espadas seguían en todo o alto de cara á segunda metade pero a defensa seguiu fallando, sobre todo, nos lanzamentos exteriores do camariñán Fabián e nas penetracións de Sergio, facendo entre os dous 18 dos 31 goles que anotaron os visitantes. Se a isto unimos que a aportación na portería carballesa non estivo ó mesmo nivel que na primeira parte, loxicamente, atopamos que os pupilos de Marcos Trigo gozaron, practicamente, durante toda a segunda parte dunhas cómodas vantaxes de 3 e 4 goles. As ansias de remonta-lo marcador fixeron o resto, o Xiria tiña moitas imprecisións nos pases e moitos balóns perdéronse por mor das precipitacións. O resultado final de 26-31 deixa moi difícil a clasificación para o Campionato Galego, xa que os de Camariñas sácanlle 4 puntos ós carballeses mais o golaveraxe, pero está claro que mentres existan posibilidades o Garaysa seguira loitando por diminuír esa renda. Mentres tanto hai que quedarse coas cousas positivas coma a extraordinaria primeira metade de Guillín na portería e o bo partido de Manuel ademais da decisión que mostrou de cara á portería contraria e no lanzamento Óscar Souto.

3-3 / 4-5 / 7-6 / 9-10 / 12-14 / 15-16 / 16-18 / 17-20 / 20-22 / 22-26 / 25-29 / 26-31
O colexiado Vicente Pérez estivo desastroso para os dous equipos facendo gala dun total descoñecemento do regulamento e dun nivel que non está á altura dos xogadores.