O Calvo Xiria empata 28-28 ante o Fundación O Rosal

Partido vibrante o disputado na tarde do sábado de entroido entre dous conxuntos moi separados na táboa que certificaron o igualada que está a competición este ano. Ambos cadros precisaban os puntos aínda que por diferentes motivos e saíron a por eles para deleite dos 400 espectadores que quentaban as gradas. O encontro foi moi igualado e de non ser por determinadas decisións arbitrais os da casa deberían ir ó descanso cunha maior renda. No recomezo o Xiria atopou a Martín en estado de gracia e co resto de compañeiros cobraron unha renda de 4 goles. Pero novamente dúas exclusións consecutivas que argallaron os colexiados deixaban ós de Juan Fernández con catro no parqué e os do Rosal non desaproveitaron a situación recortando diferencias. Faltando 14 segundos os visitantes lograban o tanto do empate.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Pablo ( 1 ), Fernando ( 4 ), Martín ( 8 ), Alfonso ( 2 ), Ayllón ( 5 ) e Miguel ( 1 ) – equipo inicial – Quique, Marcos ( 4 ), Mario ( ), Sergio ( 2 ), Nando ( ), Álex ( ) e Javi ( 1 ).

– Polo Movexvial Fundación O Rosal: Esteban, Beni ( 3 ), Ramón ( 2 ), Martínez ( ), Pombal ( 8 ), Tsybanev ( 7 ) e Armán ( 1 ) – equipo inicial – Diego, Coello ( ), Pousa ( 1 ), Germán ( 1 ), Pato ( 3 ), José ( 1 ) e Herbello ( 1 ).

Marcador cada 5 minutos

1-3 / 6-5 / 7-7 / 10-9 / 12-13 / 16-14 / 20-16 / 22-18 / 22-21 / 24-23 / 25-27 / 28-28