O Goldie Xiria choca contra a porteira local

Primeira xornada de liga para o Goldie Xiria; que viaxaba ata Ourense, para enfrontarse ao Nova Xestión Pavillón. Facíao aínda coas baixas por lesión de Jessica Posse, Soraya Martínez, e Sara Pose.
Non se ían a engurrar as carballesas; que a pesar de non empezar da mellor maneira o encontro, con 4 a 0 de parcial; que non reflectía a realidade do que estaba a pasar; xa que as ocasións eran claras pero non acababan de materializalas; con 5 fallos de lanzamento de 6 metros impedían anotar ao Goldie.
Sen máis remedio; que pedir un tempo morto, para aclarar algunhas ideas sobre o que estaba a pasar, volvían ao campo as carballesas, subindo a intensidade defensiva e localizando mellor os lanzamentos conseguía poñerse por diante 6 a 7; pero o esforzo por remontar e a sobresaínte actuación da porteira local, levaría o marcador ao descanso 13 a 7.

Comezaba un novo partido para o Goldie, que aos poucos se ía achegando no marcador; ata poñerse a dous goles a falta de 5 minutos para o final. O adestrador local pedía tempo morto. E o Goldie que sairía con dúass defensas mixtas; gozaría de oportunidades para o remontada pero unha vez máis a porteira do Nova Xestión figura indiscutible do partido rozando o 70% de paradas, incluídos 3 lanzamentos desde os 7 metros, daba a vitoria ao seu equipo.

Deberá seguir traballando o Goldie Xiria para a seguinte xornada que recibirá ao Coreti Lalín, o sábado ás 20:00 no pavillón Vila de Noia, en Carballo.

Incidencias: Partido disputado non pavillón Os Remedios ante uns 150 seareiros, nos que acompañaban un pequeno grupo visitante. Colexiados: Cristina Oleiro e Branca Vázquez do colexio galego.

NOVA XESTIÓN PABELLÓN 20 ( 13 + 7 ): S. Sánchez (9), R. Sánchez (3), M. Puga, B. Iglesias, M. Rodríguez, A. Fdez, M. Lamas, M. Gómez, S. Vázquez (3), A. Pérez (3), N. Puga (2), E. Vallarcel, T. Vieira

GOLDIE XIRIA 16 ( 7 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Juana Garrochena (4), Alba Rodríguez, Támara Pombo (3), Natalia Solís (1), Saray Couto, Elena Segade (1), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Zeltia Landeira (5); también viajaron Soraya Martínez y Jessica Posse, todavía en proceso de recuperación.