O Goldie Xiria perde en Tui lastrado polas exclusións

Xornada 1 desta fase intermedia na segunda autonómica feminina. O Goldie que viaxaba ata Tui, unicamente coa baixa de Sara en portería, viuse sorprendido por un Balonmán Tui que realizou un bo encontro para levar os dous puntos.
O encontro mantivo a igualdade ata mediada a primeira parte, onde a falta de acerto para portería do Goldie, incluídos dous 7 metros, permitía ás locais adquirir unha renda de 6 goles. Unha vez axustadas en ataque as do Goldie conseguiron irse ao descanso 14 a 10 en contra.
Na continuación; intercambio de goles xa que as defensas non conseguían frear os ataques; ata que as carballesas, sufriron ata dúas descalificacións e 4 exclusións; onde o colexiado mediu de distinta maneira aos dous equipos. O conxunto de Tui, aproveitou este factor para adquirir unha renda que ao cabo sería insalvable; impedindo ao Goldie Xiria facerse cun resultado positivo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Municipal de Tui ante un centear de seareiros. Colexiado: José Ángel Rodríguez do colexio galego.

BM TUI 27 ( 14 + 13 ): Noemi Romero, Andrea Gregores, Begoña Toucedo, Sandra Araujo, Nerea Miguez, Alba Ferreiro, Andrea Iglesias, Mutiye Barciela, Susana Méndez, Ainhoa Castro, Sonia Rodríguez, Patricia Alfaya, Andrea Moledo.

GOLDIE XIRIA 19 ( 10 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Támara Pombo, Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez, Zeltia Landeira.