O Punta del Este vence o Polideportivo Lucense

O Punta del Este disputaba este sábado día 12 o último partido da fase de grupos de esta Copa no pavillón Casa do Deporte de Lugo.

O equipo carballés enfrontábase o equipo Polideportivo Lucense, un equipo que foi creado este ano pero que pouco a pouco foi crecendo a medida que avanzaba a temporada. Deste xeito neste partido o equipo lucense mostrou maior resistencia durante todo o partido. Neste encontro a defensa  6-0 fixo que se puideran traballar aspectos no ataque posicional de cara a outros partidos.

O equipo do Punta del Este entrou un pouco despistado na defensa, pero pouco a pouco axustou facendo que as rapazas do lucense non atopasen ocos. No ataque posicional,nun comezo as xogadoras de carballo non atopaban espazos, pero co paso do tempo e cunha maior mobilidade de balón foron capaces de anotar na portería rival. A partir de ahí o partido non tivo moita historia, pouco a pouco foise creando unha distancia no marcado, o que reflexa a diferenza de xogo a día de hoxe.

Unha vez finalizada esta fase de grupos o Punta del Este está clasificado para disputar a fase final de esta Copa. Esperemos terminar a tempada con unha alegría máis.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 25 (12+13) Elena Collazo [p], Valeria (2),Lucía España (3), Nerea Varela (7), Alba García, Nina Pereira (2), Marta Gómez (4), Anna Hernández (4),  Catalina de Magalhaes (2), Lara Souto (1).

C.DEPORTIVO LUCENSE 4 (2+2) Carlota, Claudia, Noelia, Iria, Antía, Raquel, Alicia, Adriana, Maria, Alba