Tamén comenza o balonmán para os máis pequenos

Comenza o mes de Setembro e os nenos e nenas de primeiro a sexto de primaria están de sorte, xa que a semana que ven as Escolas Balonmán Xiria levarán a cabo o inicio das actividades balonmanísticas para os/as máis pequenos/as da casa. Nesta primeira semana de mes a actividade será gratuita, unha actividade moi especial que estará aberta a todos os nenos e nenas que queiran pasar un rato de divertimento e lles apeteza vir a xogar con nos. Haberá partidos de balonmán, xogos de puntería, de penaltis, de lanzamentos a portaría…..e todo iso no pavilón do CEIP Fogar nos seguintes días e horarios:

  • Nados en 2006 e 2007: Lúns 4 e Mércores 6 de 17:00 a 19:00 no Pavillón do CEIP Fogar.
  • Nados en 2008, 2009, 2010 e 2011: Martes 5 e Xoves 7 de 17:00 a 19:00 no pavillón do CEIP Fogar.

Os grupos de xogo serán por idades (1º e 2º, 3º e 4º e 5º e 6º). Trae un botellín de auga, roupa deportiva, unhas zapatillas de deporte nunha bolsa para cambiar o calzado e convence a un amig@ para que te acompañe. ESPERÁMOSCHE……..NON FALTES……VEN A XOGAR CONNOSCO A BALONMÁN!!!!.