Vitoria do Marmolería José Rey Xiria diante do Línea 21

Na mañá do sábado en Carballo, enfrontábanse o Marmolería José Rey Xiria e o Liña 21, dous equipos moi novos na categoría e de similares características.
Intercambio de golpes nos primeiros minutos do encontro, con pequenas vantaxes para un e outro equipo. A partir do minuto 15, o Marmolería José Rey tiraba de fondo de armario para manter o ritmo ao partido e adquirir unha vantaxe de 13 a 9 ao descanso.
Na segunda parte, os carballeses que seguen traballando desde a defensa sairían máis concentrados e con rápidos contraataques aumentaban a vantaxe. Boa achega de todo o equipo, que ten que seguir mellorando para a competición de Copa.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros. Colexiado: Gabriel Folgoso do colexio galego.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 23 ( 13 + 10 ): Alejandro Vázquez [p], Álex Tato [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Áaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Erik Vázquez, Pablo Veiga.

LÍNEA 21O ABADE 15 ( 9 + 6 ): Daniel Sampaio, Hugo Santiago, Sahiel Costa Avivar, Pablo Castiñeira, Adrián Canosa, David Martínez, Álvaro Penabad, Adrián Río, Marcos Vidal, Mara Nuñez, Daniel González.