Xornadas de vértigo para os conxuntos de E.BM.Xiria

Sen apenas respiro e despois da gran vitoria conseguida o fin de semana pasado fronte ao Construcciones Castro Octavio, O Calvo Xiria afrontará outra particular final no seu desprazamento a Vigo o vindeiro sábado.
O BM.Lavadores, rival que recibe aos bergantiñáns, foi o primeiro equipo que logrou levar un punto de Carballo esta campaña, feito que pon de manifesto as dificultades coas que se atoparán os do Calvo na cidade olívica.
De novo, a retagarda carballesa terá que render a un alto nivel para poder despregar, a posteriori, a velocidade no contragolpe que tantos bos réditos adoita dar.
No ataque posicional e ante a defensa proactiva dos de Vigo, o rigor táctico antóllase indispensable para superar a muralla dos locais.
Os de Carballo parten mentalizados ante un novo e complicado reto que, en caso de saldar con vitoria, será outro importante paso para consolidarse nos dous primeiros postos da clasificación a final de tempada.
Co Xuvenil Andrés Vila, que será dúbida ata última hora por unha doenza no seu talón e a case baixa segura de Gabriel Castiñeiras por unha lesión no seu ombreiro, partirá o Calvo Xiria cara a Vigo para disputar este importante encontro o vindeiro sábado ás 17:45 no pavillón de Lavadores, en Vigo.
En segunda autonómica feminina, o Goldie comeza a Fase intermedia coa intención de sacar unha vitoria na difícil cancha do BM. Tui. Sería de suma importancia empezar cos primeiros dous puntos en xogo que cobran máis valor, se cabe, por ser nun encontro a domicilio. O partido disputarase o Sábado ás 18:30 no pavillón de Tui.
Difícil enfrontamentos dos conxuntos de Divisón de Honra este Sábado na súa viaxe a Pontevedra, onde lles espera o BM.Cisne que ten a todos os seus equipos ocupando posicións altas na clasificación. Os cadetes e infantís do Grupo Lemaco e Garaysa competirán do teu ao teu por esas posicións de privilexios e o Laber Xiria xuvenil, con numerosas baixas, tentará seguir a súa traxectoria ascendente e conseguir dar a sorpresa. O Garaysa Xiria e o Grupo Lemaco xogarán ás 10:00 e 11:15 no CGTD e o Laber Xiria farao no Multiusos A Xunqueira ás 12:25.
O Cadete masculino Hierros Varela Urbieta, despois de conseguir ser flamante campión no grupo Norte, desprázase agora a Tui para xogar a primeira xornada da fase polo ascenso de categoría. Os rapaces viaxan con moi boas vibracións e coa idea de comezar con bo pé esta fase. O partido será este Sábado ás 18:30 no IES San Paio.
Tamén en 2ª División, pero en infantil feminino, dous enfrontamentos: O Punta Del Este e o Garaysa actuarán mañá Sábado como locais no pavillón do CEIP Fogar.
Mentres as primeiras, líderes indiscutibles da competición reciben ao C.Polideportivo Lucense ás 12:30, as segundas, enfróntanse ao BM. Lucus ás 11:15 co obxectivo de seguir mellorando e asentando coñecementos.
A xornada benjamín e Alevín de BM5 deste Sábado, desprázase nesta ocasión a Zas (Pavillón De Zas), onde os equipos de Xiria, que ocupan os catro primeiros postos da clasificación, disputarán estes encontros:
Copa Alevín BM5:
LK Xiria – BM. Camariñas B: 10:00 h.
Ribadosar Alca Omega – Laber Xiria: 10:45
Grupo Lemaco Xiria – Telepizza Carballo Xiria: Aprazado.
Copa Benxamín BM5:
OAK English Centre Xiria – Clínica Dental Pico Branco Xiria: Aprazado.
Xogarán vos grupos de segundo, primeiro máis os de Educ. Inf con os rapaces e rapazas de Zas nunha xornada preparada para eles/ as a partir dás 12:00.
E por último, este Domingo, a Fase Final de Copa Alevín que se celebrará en Carballo e onde participará, como campión do seu grupo, o Xiria B:
Xiria B – OAR. 1ª Semifinal: 10:30 pavillón Vila De Noia. 3º e 4º postos: 11:45 Vila De Noia Final: 13:00 Vila De Noia.