Santiago Gómez Periscal «Iago» (Carballo 1989) continúa unha campaña máis como gardamallas no Calvo Xiria. O porteiro carballés, considerado un dos mellores da categoría e con experiencia na DH Prata, rexeitou varias ofertas de clubes punteiros da 1ª Estatal para continuar no proxecto do Calvo Xiria.… Seguir lendo >>
Todas las entradas de Escolas Balonmán Xiria
Martín sigue no Calvo Xiria
Martín Alfeirán Villar (Carballo 1995) sigue no Calvo Xiria. Lateral dunha gran calidade e cun potente lanzamento que debe ser unha das referencias ofensivas do equipo.… Seguir lendo >>
Uxío renova polo Calvo Xiria
Uxío Batán Rodríguez (Lalín 1992) sigue unha campaña máis no Calvo Xiria. O primeira liña lalinés, de gran versatilidade, afrontará deste xeito a súa segunda campaña formando parte do equipo carballés.… Seguir lendo >>
Cuco é outra das baixas do Calvo Xiria
Alberto Lema García «Cuco» (Carballo 1987) é outro dos xogadores que non inicirán a campaña. O pivote carballés viuse obrigado a deixar o equipo o pasado mes de xaneiro por motivos laborais.
Ramón non continúa no Calvo Xiria
O pivote e central defensivo Ramón Suárez-Pumariega Ortiz (Carballo 1990) non xogará no Calvo Xiria esta campaña. Como xa anunciou o seu novo club hai uns días, o xogador carballés, que por motivos laborais deixa a capital de Bergantiños, formará parte dun dos mellores planteis da categoría, o do Atl.… Seguir lendo >>
Sergio Facal confirma a súa continuidade no Calvo Xiria
Sergio Facal Fariña (Carballo 1981) seguirá ás ordes de Marcos Rodríguez. O xogador máis veterano do plantel seguirá facendo vibrar aos xiriareiros coa calidade que atesoura no extremo e coa súa intensidade defensiva.… Seguir lendo >>
Javi Rodríguez seguirá dando guerra dende o extremo dereito
Javier Rodríguez Pombo (Carballo 1995), un dos zurdos do equipo, seguirá dando guerra, unha campaña máis, dende o extremo dereito do Calvo Xiria.… Seguir lendo >>
ÁLEX CALVETE CONFIRMA A SÚA CONTINUIDADE NO CALVO XIRIA
Alejandro Calvete Cotelo (Carballo 1995) formará parte do plantel do Calvo Xiria para a campaña 2016-2017. O pivote carballés, tras a baixas de Ramón e Cuco, é na actualidade o único xogador nato para esa posición do que dispón Marcos Rodríguez.… Seguir lendo >>
BRAIS CONTINÚA NO CALVO XIRIA
1ª Estatal. Brais Puñal Domínguez (Carballo 1993) contiunará no Calvo Xiria. O extremo está chamado a asumir, tras as baixas de Ramón e Cuco, o mando do centro da defensa carballesa.
ZÚPEZ RENOVA POLO CALVO XIRIA
1ª Estatal. Martín Gómez Taibo «Zúpez» (Carballo 1995) seguirá sendo un dos gardametas do Calvo Xiria. Porteiro que destaca pola súa axilidade e reflexos baixo os paus.