Juan Carlos Rodríguez Órtiz (Carballo 1998) será outro dos xogadores que compaxinarán os equipos sénior e xuvenil. Xogador xuvenil de segundo ano que actúa na posición de central, destacando a súa movilidade e a súa gran variedade de recursos. Juanca xa entrou, sendo xuvenil de primeiro ano, en algunha convocatoria do equipo sénior a pasada campaña pero non chegou a debutar.… Seguir lendo >>
Todas las entradas de Escolas Balonmán Xiria
Carlos Vilanova volverá a ser fundamental no extremo
Carlos Vilanova García (Carballo 1999) continúa no club de Carballo. O extremo zurdo, aínda en idade xuvenil polo que compaxinará o equipo sénior co xuvenil, foi unha das revelacións da liga a pasada campaña, disputando gran parte da tempada co Calvo Xiria cando aínda era xuvenil de primeiro ano.… Seguir lendo >>
Gonzalo Pombo confirma a súa continuidade
O central Gonzalo Pombo Tasende (Carballo 1988) seguirá no Calvo Xiria. Xunto con Pablo Iglesias será o encargado de manexar o caudal ofensivo do equipo coa súa gran visión de xogo e os seus pases imposibles.
Gabriel Castiñeiras incorpórase como sénior ao Calvo Xiria
O primeira liña Gabriel Castiñeiras Trigo (Carballo 1998), unha vez rematada a súa etapa como xuvenil, incorpórase definitivamente ao Calvo Xiria. A pasada campaña xa tivo a oportunidade de debutar co primeiro equipo, xa que Marco Rodríguez contou con él en varios partidos.… Seguir lendo >>
Julián López continúa no Calvo Xiria
Julián López Villar (Carballo 1996) continúa, unha campaña máis, no Calvo Xiria. Xogador que actúa como lateral e que destaca pola súa gran fortaleza física.
Álex Naya é dúbida para continuar no Calvo Xiria
O porteiro Alejandro Naya Trigo (Carballo 1992) é dúbida para continuar no club. A súa continuidade ás orde de Marcos Rodríguez está no aire por motivo de horarios laborais.
Pablo Iglesias será un dos timóns do Calvo Xiria
Pablo Iglesias Fraga (Carballo 1986) continuará a ser un dos directores do xogo ofensivo do Calvo Xiria dende a posición de central. O xogador carballés dipoñía dunha oferta dun dos clubes punteiros da categoría pero decidiu continuar na disciplina verde.
Mario García de Seárez continúa no Calvo Xiria
O xogador zurdo Mario García de Seárez Fidalgo (Carballo 1994) sigue unha tempada máis no equipo carballés. Volverá ter protagonismo no extremo dereito, posición onde hai unha gran competencia no plantel.… Seguir lendo >>
Jorge Bouzas volverá ser fundamental no avanzado
Jorge Bouzas Pichel (Carballo 1995) sigue no Calvo Xiria. Xogador universal, xa que se pode adaptar a xogar en calquera das tres posicións da 1ª liña ou en calquera dos dous extremos. Ademaís é un dos mellores xogadores da categoría no posto de avanzado en defensa.… Seguir lendo >>
O incombustible Manu Méndez seguirá no Calvo Xiria
Manuel Méndez Cabeza (Carballo 1989) continúa no equipo. Incansable primeira liña, un pulmón para o conxunto carballés, xogador cunha extraordinaria capacidade física e de sufrimento que fai que sexa capaz de xogar os 60 minutos de partido, en ataque e defensa, sen perder unha pizca de intensidade no seu xogo.… Seguir lendo >>