BM. RIVEIRA 8 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 45

09/04/2005 22ª XORNADA

BM. RIVEIRA: J. Antonio, carlos, J. Manuel (7), Iago, Andrés, Antonio (1), J. Angel, Alba, Adrián, Duerte, Francisco.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín, Iago, Díaz (6), Puente (6), Joaquín (8), Manuel (8), Jesús (8), Norberto (4), Óscar (1), Eloy (4), Javi (7), Juan (2) Caamaño.

Derradeiro encontro do campión Ifecgas Pereira Xiria no campionato territorial que non podía saldarse con outro resultado que non fose o trunfo dos de Carballo. A pesares da permisividade dos colexiados cos do Barbanza ós que permitiron un xogo excesivamente duro, non tiveron problemas os de Fernando Vázquez para imporse con facilidade. Remata así o Xiria este campionato sumando 20 victorias noutros tantos partidos. Noraboa a todo o plantel do Ifecgas Pereira Xiria e para o seu corpo técnico. A seguinte cita dos carballeses será na Fase Final do Campionato Galego en Pontevedra os días 21, 22, 23 e 24 de abril, os carballeses pelexarán por unha praza na final co Lavadores, O.A.R. e Bm. Lalín. O outro grupo estará integrado por Bm. Cisne, S.D. Teucro, Balonmanopolis e Cangas.

Os colexiados Diego Iglesias e Nicolás Martínez tiveron unha mala tarde.