Gran partido do Xiria B que consegue vencer na pista do segundo clasificado

O Xiria B desprazábase a Sanxenxo coa intensión de seguir competindo ao nivel que o estaba a conseguir nos partidos anteriores. O principal obxetivo era conseguir 60 minutos de regularidade.

SANXENXO BALONMÁN 25- XIRIA B 30

O comezo do partido estivo marcado pola igualdade. Os carballeses non conseguían un xogo fluído aínda que sí conseguía situacións de aproveitamento dos espazos a través de situacións individuais. Na defensa a pesar de un inicio con dúbidas soupa axustarse e pouco a pouco foi aguantando o partido dende a defensa e portería. Con un pequeno parcial positivo os carballeses conseguían marchar ao descanso con un gol de ventaxa 12-13.

Á volta do descanso o equipo carballés amosaba maior criterio no ataque, sen embargo era ahora a defensa a que con algunha dúbida individual non conseguía impoñerse. Foi pouco a pouco co paso dos minutos cando a defensa subiu o nivel e acompañada con un ataque con moita templanza para un equipo tan xoven conseguía marcharse no marcador con unha ventaxa que conseguía manter ata o final do partido. Foi así como estos carballeses conseguían materializar un partido moi serio. Este é un dos mellores contextos que se podía dibuxar ao principio de tempada, agora a seguir competindo para sumar máis experiencias de aprendizaxe.