O Garaysa Xiria proclámase subcampion galego.

Esta fin de semana, carballo acolliu a Final Four infantil masculina da Liga Ouro no Vila de Noia.

Os nosos rapaces enfrentáronse na primeira semifinal ao Abegondo F40, partido que estivo marcado polo nerviosismo e polas numerosas perdas de balón.  O encontro chegaba ao ecuador do partido cun 16-15 favorable aos locais.

Na segunda metade, o Garaysa, arranxaba certos erros defensivos, e no ataque comezaba a atopar mellores soluciones para chegar ao gol. Esto permitiu que a vantaxe se fora ampliando ata un 32 -25 final.

Esta vitoria dábanos a clasificación matematica para o sector nacional.

O domingo, xogouse a Final ante o balonman culleredo. Un  rival ante o que nos enfrentamos duas veces na primeira fase de liga, e que hasta este día foron as únicas duas derrotas do equipo.

Sabiamos que ía ser un partido moi duro, de moita exigencia fisica, e así foi.  Na primeira metade o culleredo foi por diante durante os 25 minutos, pero un empuxon final do Garaysa puxo as taboas no luminoso ao descanso.

Logo do paso polos vestiarios, os locais saíron moi enchufados na segunda metade, mantendo unha gran dureza defensiva, e uns ataques moi verticais dirixidos por Marcos Suarez, conseguindo ir dominando o marcador gran parte desta segunda metade. 

No final desta metade, o culleredo conseguia poñerse por diante a falta de poucos minutos cun Samuel Seijas moi acertado. Os locais tuveron balón para empatar a falta de 7 segundos para o final, pero non puideron anotar.

Logo desta fase final, o equipo xa está a adestrar con moita ilusión para preparar o sector nacional.