O Goldie Xiria deixa escapar a vitoria nos últimos minutos.

Tarde calorosa a vivida no Fogar entre o Goldie Xiria e o Balonmán Caselas, nun partido que comezaría xogando ben o Goldie pero o resultado se mantedría de igualdade por culpa da porteira visitante. Ata 6 lanzamentos desde 6 metros sería capaz de deter ás do Goldie. Mediada a primeira parte o Goldie sufriría para manterse no partido, pero grazas ao labor defensivo e as transicións rápidas conseguirían chegar 13 a 12 ao descanso. A primeira parte pechouse cun lanzamento desde o medio do campo que Jessica Pose transformou pero os árbitros entenderon que a bucina tocou antes de entrar o balón; polo que o gol non subiría ao marcador. Na segunda metade as do Goldie atopáronse máis cómodas e tomaron as rendas do encontro; a vantaxe ía en aumento ata chegar ao 24 a 20 a falta de 8 minutos para o final. Pero un parcial de 1 a 5, nos instantes finais tras unha serie de erros consecutivos, deixaba tocada a moral do Goldie que vía como lles remontaban o partido. Chegábase aos minutos finais 5×6 e empate. A porteira local, dentendría un lanzamento desde 6 metros a Alba despois dunha boa acción individual, onde as visitantes quedarían con 5 xogadoras. As de Caselas meterían gol a través de Antía González, sobresaliente durante todo o partido, e o Goldie afrontaría os últimos 20 segundos cun xogadora máis; atopando a superioridade polo lado de Mina, que marcaría gol tras pisar a área, polo que a vitoria sería para as de Caselas.

O sábado volveremos ao Ceip Fogar ás 18:00, para disputar un novo partido contra o Bm Moaña que marcha líder do grupo.

Goldie Xiria 26 – Balonmán Caselas 27

Goldie Xiria: Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (3), Aida Vizcaíno (3), Mina Ribullén (3), Alba Rodríguez (4), Jessica Posse (6), Eva Calvelo, Saray Couto, Támara Pombo (3), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez (1).

Balonmán Caselas: Paula Pereiro (2), Sheila Gómez, Antia González (16), Paula Abril, Ana Álvarez (2), Lorena Fernández (2), Aida Suárez (1), Miriam Barbosa, Patricia Torres (2), Zara Martínez (2), Cristina Iglesias, Iris Sestelo.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 3-3, 6-5, 8-9, 9-11, 13-12, descanso, 14-13, 16-15, 20-17, 24-20, 25-25, 26-27.

Árbitros: Pablo Torreiro e Wallace Moreira do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo segunda xornada da Primeira División Autonómica Feminina disputado no pavillón Ceip Fogar ante uns 150 espectadores.