O Hierros Varela Urbieta inicia con vitoria a Copa Federación

Copa Federación Cadete Masculino
Hierros Varela Urbieta Xiria 47 – Millaven CP Lucense 36 (21-17)

O Xiria impoñíase ao Lucense no primeiro partido de Copa Federación, competición que pechará a actual tempada e onde o Xiria se medirá tamén ao Culleredo e ao Abegondo.
Dominou o partido o Hierros Varela Urbieta que foi quen de atopar a portería contraria con facilidade, especialmente combinando coa liña de 6 metros e nas rápidas transicións.
Continuidade de xogo na segunda metade onde o Xiria adiantouse a un 5:1 con maior presión que dou seus froitos con maiores recuperacións de balón para sentenciar o resultado a contra.

Hierros Varela Urbieta Xiria 47 (21): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 19, Saúl Fuentefría 4, Alvaro Gómez 8, Pablo Fraga 2, Xabi Fernández 1, Nico Mejuto 5, Andrés Pedreira 4, Lucas Mateo, Rubén Nogareda 1 e Desale López 3.

Millaven CP Lucense 36 (17): Alvaro Gerrero, Lucas Díaz 15, Miguel Barreiro 1, Martín Alonso, Adrián Mosquera 3, Rodrigo 4, Victor Arean 2, Bryan 1, Andre Fernández 1, Gabriel Arean 7 e Amir Berka 2

Arbitraron: Renzo Díaz