C.B. NARÓN 9 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 36

8/1/2004 9ª XORNADA

C.B. NARÓN: Miguel, David, Lorenzo, Alejandro, Ismael, Miguel (8), Roberto, Lorca, Aarón (1), Eduardo, David Pérez e David.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: : Miguel, Iago, Guillín, Díaz (2), Ramón (4), Juan (1), Caamaño, Jesús (9), Óscar (10), Manuel (8), Puente (2).

O Ifecgas Pereira Xiria continúa sendo terriblemente superior ós seus rivais. E o encontro disputado fronte ó Bm. Narón, a pesares da baixas de Joaquín, Norberto, Javier e Efrén non foi distinto neste sentido.

A primeira parte dos de Fernando Vázquez foi apabullante, de feito ata o minuto 22 desta primeira metade os de Narón non foron quen de perfora-la portería carballesa, chegándose ó descanso cun resultado de 3-22 a prol dos de Carballo.

Na segunda metade os carballeses baixaron o pistón, sobre todo na intensidade defensiva, o que provocou que a diferencia fose menor que na primeira metade. O resultado final foi de 9-36.
A arbitraxe dos colexiados Victor Pelaz e Alejandro Piñeiro foi nefasta permitindo faltas con moito risco de lesións para os rapaces.