CANAL ALCOBENDAS 24 – CALVO XIRIA 24

O Calvo Xiria trouxo un punto da súa visita a Alcobendas ó empatar 24-24 ante o Canal Alcobendas nun choque marcado pola igualdade.

O inicio do encontro veu marcado pola inclusión no equipo inicial do xuvenil Javi Zas no posto de central, e de Pablo coma un dos centrais da defensa. Estes axustes fixeron que os madrileños se fosen no marcador 6-1 no minuto sete, pero unha vez que os de Javier Barrios se asentaron na cancha, comezou unha paulatina remontada, baseada nunha gran defensa e nun traballado ataque, que os levaba ó descanso cun favorable 13-14.

A segunda metade tivo emoción ata o último segundo. No minuto 58:30 os de Carballo perdían 24-22, dúas recuperacións e un soberbio golazo de Fernando Vázquez cando faltaban 13 segundos, deixaban o definitivo 24-24. Enorme o esforzo de todos os xogadores que a pesar da viaxe sacaban un empate fronte a un conxunto chamado ós postos altos da táboa.

Aliñacións
Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 4 ), Fernando ( 4 ), Javi Zas ( ), Jordi ( 9 ), Martín ( 4 ) e Suso ( 1 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( ), Ofi ( 2 ), Pablo ( ), Alberto ( ) e Alfonso ( ).
Polo Canal Alcobendas:Pablo, Víctor ( 2 ), Rubén ( 2 ), Andrés ( 3 ), Óscar ( ), Malvar ( 1 ) e Víctor Vigo ( ) – equipo inicial – Cándido, Ángel ( 2 ), Sergio ( 2 ), Dani ( 1 ), Ricardo ( 10 ), Pedro ( ) e Alejandro ( 1 ).

Marcador cada 5 minutos: 4-1 / 6-4 / 8-5 / 10-8 / 11-11 / 13-14 / 15-16 / 16-18 / 18-20 / 19-21 / 22-23 / 24-24

Os colexiados Sres. García e Marín tiveron unha boa actuación e esto xa é noticia.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.08.05

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 08 – JORNADA 08
Partido 05 – PARTIDO 05
Fecha 16-11-2002
Hora 18:00
Resultado 24 – 24
Arbitros 1109 IGNACIO GARCIA SERRADILLA
1110 ANDREU MARIN LORENTE