Dez xogadores do Xiria na selección coruñesa de balonmán

O Campionato de Seleccións Provinciais que se celebrará o venres 1 de Maio terá representación carballesa, xa que ata nove xogadores de Escolas Balonmán Xiria están a participar nos últimos adestramentos da selección provincial previos ao campionato.

Na categoría alevín están convocados Julián García, do LK Xiria e Juanma Fajardo e Andrés García, do Ifecgas Pereira Xiria. Os tres son alevíns de primeiro ano.

Na categoría infantil a lista é aínda máis ampla, ata 7 xogadores están convocados: Juan Pereira e Mario Cancela, alevíns de 2º ano e xogadores do Ifecgas Pereira Xiria. Tamén os xogadores do Garaysa e infantiles de 1º ano: Franco Rial, Alex Gómez, Iker Martínez, Iago Rincón e Mario Rincón, este último está de baixa por unha fisura nun dedo que lle impidirá estar recuperado para o día 1 de Maio.

O seleccionador infantil, Ignacio Permuy, pediu, hoxe luns, informes ao club sobre os porteiros do Garaysa e é probable que algún sexa incluído na convocatoria para o último adestramento antes do Campionato.