Excelente vitoria do Xiria B en Novo Mesoiro

O Xiria B alevín, conseguíu unha excelente vitoria no día de onte contra un gran conxunto como é o BM. Artabro. Os alevíns de Escolas Balonmán Xiria, dominaron o encontro e impuxéronse en tres dos catro tempos do partido, o último terminou en empate. Un día máis, os xogadores de categoría alevín, deixáronse a alma no campo, facendo da entrega e a solidariedade unha arma de gran valor para este grupo. A gran actuación de Mateo Pallas na portería, o alto nivel defensivo, a mobilidade no ataque posicional e o xogo do pase e vai, deron os seus froitos e os carballeses fanse con sete valiosos puntos nunha das pistas máis difíciles do campionato.

BM Artabro Pluralia: 1 – Xiria B BM7: 7

1º Tempo: 2-5

2º Tempo: 4-5

3º Tempo: 2-4

4º Tempo: 4-4

Xiria B BM7: Mateo Pallas (p), Pablo Veiga (8), Xurxo Fraga, Alberto Rodríguez (3), Hugo García (2), Samuel Regueira (3), Marcos Amarelle, Nico García, Álvaro Vila (2), Angel Villar, Lucas Amado.