GARAYSA XIRIA 27 – Dep. Cimans O.A.R. «B» 17

30/01/2004 9ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Guillín, Norberto(3), Diego Díaz(4), Jesús (5), Joaquín (8), Eloy (1), Niko, Óscar (3), Marcos (2), Martín (1), Manuel.

DEP. CIMANS O.A.R. «B»: Roldán, Rey, Roberto, Alex Mallo, Longo(2), Mahía(2), Crego, Yoel(10), Ricardo, Varela, Roi Mallo(3).

Enfrontáronse o pasado Xoves os equipos do Garaysa Xiria e do Dep. Cimáns OAR “B” en encontro adiantado á 9ª e derradeira xornada da primeira volta en categoría cadete. Partido disputado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo cunha boa entrada por parte de nenos e nenas na maioría pertencentes ás categorías de base da A.D. Xiria.

Había expectación por ver a reacción do Garaysa tralo severo correctivo que lle dou o Dep. Cimáns OAR “A” na pasada xornada, a sabendas de que o equipo carballés estivo moi por debaixo do seu nivel habitual.

O equipo non defraudou nesta ocasión e, aínda que tivo algúns erros, comezou poñendo distancia no marcador practicamente dende os primeiros minutos. Así chegaron ós derradeiros minutos da primeira metade cunha distancia que oscilaba entre os 4 e 6 goles e onde o Garaysa con xogadores que non son habituais tiña ós seus mellores momentos en defensa e facía dano no contragolpe.

Comezaba a segunda metade con 6 goles de vantaxe para os xogadores de Fernando Vázquez e de novo cunha aliñación no habitual de rapaces, que neste encontro gozaron de tódolos minutos. Como máximo baluarte dos carballeses destacou a labor defensiva onde a intensidade en certos momentos foi clave. Así, e controlando o marcador en todo momento chegouse a un xusto 27-17 no marcador final.

2-2 / 4-2 / 8-4 / 9-5 / 12-6 / 13-7 / 16-8 / 19-10 / 22-11 / 25-12 / 27-12 / 27-17
Os colexiados Israel Castro e Noelia Andrade estiveron correctos.