Javier Barrios intégrase no corpo técnico das Escolas Balonmán Xiria

Hoxe, luns 22 de agosto, ás 17.00 h no Pavillón Vila de Noia de Carballo (Zona Escolar) terá lugar o acto de presentación do técnico Javier Barrios Bujanda, que se incorpora á disciplina das Escolas Balonmán Xiria para exercer a coordinación de todas as categorías do club.

Así, o técnico navarro, afincado en Galicia dende hai 40 anos, afrontará a súa segunda etapa no club carballés no que xa foi adestrador do Calvo Xiria na 1ª Estatal durante as campañas 2001-2002 e 2002-2003. Técnico de gran experiencia en todas as categorías do balonmán estatal, ten dirixido a equipos como o Cangas, Teucro, Octavio, Zaragoza, Lalín, SAR, etc …

Está previsto que acuda ao acto de presentación o Presidente das Escolas Balonmán Xiria, Luciano Calvo Pumpido, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, e o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo Facal, ademáis de directivos e técnicos do club.
Barrios2