O Calvo Xiria alcanza o liderato tras vencer no derbi

Unha vitoria contundente no derbi provincial, que onte enfrontaba ao Calvo Xiria e ao OAR, foi clave para que os de Carballo alcancen o primeiro posto da clasificación por un gol de diferenza con respecto ao seu inmediato perseguidor, o Construciones Castro Lavadores.

Comezou o Calvo Xiria excesivamente relaxado e confiado no seu poderío e pola distancia que separa a ambos os conxuntos na clasificación, mostrando un carácter indolente en tarefas defensivas que facilitaba as penetracións dos xogadores coruñeses, moito máis motivados ante un partido de rivalidade. En ataque, sucedíanse os erros incomprensibles en seis metros e Dani Buño, carballés e formado na canteira do Xiria, erixíase como protagonista. Na portería contraria, outro xogador do Xiria, o xuvenil Pedro Pereira, destacaba nos labores de anotación. Os herculinos chegaron a ter unha diferenza de cinco goles, pero entón o Calvo Xiria púxose o mono de traballo para ir apertando o marcador e asinar un parcial definitivo de 5-1 nos últimos 5´do primeiro tempo e marcharse ao vestiario dominando por 14-11.

Os bergantiñáns xa non deron opción ao seu rival na reanudación. O OAR mostrábase agora impotente ante a defensa dos de carballo e a velocidade despregada por estes. A profundidade de banco e o ritmo imposto, terminaba por finiquitar unha segunda parte cun parcial incontestable de 22-8 e completar unha diferenza o suficientemente ampla como para colocar aos de Xiria no máis alto da clasificación.

A liga non para e o Sábado que vén ás 17:00 h o Calvo Xiria ten unha esixente cita en terras asturianas onde lles espera o Procoaf Gijón, un bo conxunto ante o cal, os de Carballo, terán que mostrar a súa mellor versión para conseguir os dous puntos.

Calvo Xiria: 36 (14+22). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras (3),  Julián López (2), Brais Puña (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (6), Chimpo (8), Juanka (2), Iago Franco, Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (5), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (2), Iván Amarelle (2).

OAR Coruña: 19 (11+8). Manuel López (1), Dani Buño (p), Alex Naya (p), Sergio Sarasola (6), Dani Picado, Kevin Dacosta, Sergio Valles (2), Pedro Pereira (7), Mario Crecente (1), Carlos Martín Guisasola, Alex Zas, Miguel Novo (2), Jaime Martín, Daniel Mcnamee, Eduardo José Cousillas.

Parciais cada 5´:0-1 / 1-5/ 3-6/ 5-7/ 9-10/ 14-11/Descanso/17-12/ 20-15/ 23-16/ 27-17/ 32-18/ 36-19. Final

Colexiados: Javier Quesada e Laín Montes. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Encontro da 9ª xornada da 1ª nacional celebrado nun pavillón Vila De Noia con boa afluencia de público.