O ritmo do Seis do Nadal imponse ao Grupo Lemaco

Grupo Lemaco Xiria 22 Seis do Nadal Coia 37 (9-15)

Pouco puido facer un Grupo Lemaco baixo de efectivos ante o favorito para facerse co título de liga, a maior envergadura e superioridade no aspecto físico, foron determinantes no transcurso do encontro.

As opcións dos carballeses pasaban por apremar en defensa, recuperar balóns e saír rápidos a contra, algo que so sucedeu nos 20 primeiros minutos, aínda así, o porteiro vigués paraba lanzamentos claros do Xiria, que facía ao Seis do Nadal irse no marcador. O duro 6:0 defensivo do rival, poñía en dificultades aos lanzadores do Grupo Lemaco que hoxe non atoparon porta.

Moveu o banco o equipo carballés na segunda metade, perdendo aínda máis envergadura en defensa, o que facilitou o ataque do Seis do Nadal que se foi ata os 37 goles.

A vindeira semana o Grupo Lemaco viaxará a Cangas, para medirse ao Luceros, co que se atopa empatado na clasificación, boa oportunidade para superar ao seu rival.

Grupo Lemaco Xiria 22 (9): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 3, Iago Rincón 2, Renzo Díaz , Brais Vila 5, Mario Rincón 1, Andrés Urbieta 2, Manuel Varela, Mario Cancela 4, Diego Rodríguez  2, Franco Rial 2 e Paulo Collazo.

Seis do Nadal Coia 37 (15): Doval Vázquez e González Patiño (porteiros) , Salgueiro Puga 5, Cabanelas Figueirido, Couto Carreira 2, Miguel Domínguez  3, González Patiño 5, Branco Batalla, Alonso González 10, Doval Vázquez 8, Fernández Domínguez, Iglesias Alvarez  2 e Rivas Lago 2.

Marcador cada 5 min: 2-1 / 2-4 / 3-6 / 6-9/ 8-12 / 9-15/ 11-20 / 14-23 / 15-27/ 18-31/ 19-34/ 22-37

Arbitraron: Aarón Sestay e Pedro Eiras, sen complicacións, excluíron a Franco Rial e Diego Rodríguez polo Xiria e a Salgueiro Puga, Branco Batalla e  Iglesias Alvarez  polo Seis do Nadal

DSC_0070 DSC_0071 DSC_0072 DSC_0073 DSC_0074 DSC_0075 DSC_0076 DSC_0077 DSC_0078 DSC_0080 DSC_0081 DSC_0082 DSC_0083 DSC_0085 DSC_0086 DSC_0089 DSC_0090