Vitoria do Laber Xiria fronte ao Atl. Novás

Laber  Xiria 32 –  Acanor Atl. Novás  19 (20-5)

1ª Xornada do Play Off : A gran primeira parte xogada polos carballeses en defensa, ben posicionados, con intensidade nas marcaxes e non deixando respirar ao seu rival fixo que marcasen moita diferenza co seu rival. A contra estaba a funcionar con saídas veloces a cada éxito defensivo e incluso en ataque posicional o Xiria era quen de facer moito dano ao seu rival.

Na segunda metade, o Laber Xiria baixou en exceso a intensidade defensiva, dando a oportunidade ao Novás de meterse no encontro, enredouse en exceso no ataque o que provocou perdas de balón que foron aproveitadas polos rosaleiros para ir acurtando a diferenza no resultado.

Hoxe sábado mediranse no Vila de Noia o Atl. Novas co Pabellón Ourense, o domingo será a quenda do Laber Xiria contra os ourensans, os carballeses terán un día de descanso para recuperarse dos numerosos golpes sufridos.

Laber Xiria 32 (20): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Adrián Mesejo 7, Mario Cancela 8, Franco Rial 2, Alex Gómez 7,  Brais Vila 6, Andrés Urbieta 1, Renzo Díaz, Diego Antelo 1, Ivan Hernández, Manuel Rama, Aaron Rodríguez e Dani Mallo.

Acanor Atl. Novás  19 (5): José Alvarez, M. Cardoso, Asier Rodríguez 3, Kevin Vicente 8, Eladio Araujo, Alejandro López 3, Javier Peña, M. Pombal 1, M Fernández, Nicolás Pérez, Raul Pereira 1 e Rubén Vicente 3.

 

Marcador cada 5 min: 3-0/ 4-2 / 7-2/ 11-2/ 16-5/ 20-5/ 21-6/ 21-10/ 24-13/ 26-15/ 29-17/ 32-19

Arbitraron: Henrique Folgoso e Pablo Barreiro, levaron ben o encontro a pesares de ser moi permisivos co xogo duro.