A derrota do Laber Xiria aperta a clasificación

As derrotas do Seis Do Nadal e Laber Xiria nesta xornada, primeiros dous clasificados da División De Honra xuvenil, apertaron a clasificación nos postos máis altos e avecíñanse partidos trepidantes antes do parón do Nadal. O conxunto carballés non estivo á altura do envite na confrontación de hoxe. Coñecíase o enorme potencial do Luceiros e a importancia do encontro por ser en casa e por tratarse dun rival directo, pero os locais non estiveron ao nivel demostrado con anteioridad, nun día nefasto en todos os sentidos. A diferenza de ideas e intensidade nos inicios marco o resto do partido e os do Morrazo poñían as primeiras pedras da súa vitoria cun parcial de 1-6 no primeiros dez minutos. Botábanse en falta os contactos en defensa, o blocaxe defensivo……que engadía máis dificultade para o porteiro local ante os lanzamentos dos laterais visitantes. En ataque, o xogo táctivo e colectivo desaparecera en favor das accións anárquicas e individuais e os de Carballo estrelábanse unha e outra vez contra a retagarda do Luceiros ou contra o seu porteiro. Despois do paso por vestiarios, unha pequena reacción facía espertar certas esperanzas, as dúas mixtas expostas e unha maior intensidade defensiva posibilitaban un 4-0 de parcial nos primeiros minutos, pero o ardor do equipo morría coa descualificación de Juan Carlos e as posteriores baixas de Roi e Ronaldo por senllas doenzas que lles impedirían seguir participando no encontro.
Como diciamos ao principio desta crónica, a parte máis alta da clasificación apértase e os tres primeiros móvense en tan só dous puntos de diferenza. O BM. Cisne e o Teucro tamén se manteñen á espreita, a pouca distancia daqueles e con enfrontamentos directos por disputar. Con todas as opcións por diante aínda e situado nos postos altos da táboa, o Laber Xiria non poderá permitirse outro tropezo e deberá de volver á senda da vitoria en catorce días ante o Teucro en Pontevedra, xa que o fin de semana que vén a liga tómase un respiro.

Laber Xiria: 21 (8+13). Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Antonio Mato (p), José Varela, Carlos Vilanova (2), Andrés Vila (4), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán(3), Ronaldo Durán, Andy Rey (1), Fran Rey (3), Juan Carlos Rodríguez (3), Santiago Oreiro (2), Alejandro Gómez (1), Pedro Pereira (1), Ansdrés Urbieta (1).

BM.Luceros: 33 (18+15).  David Lemos, Mauro Refojos (4), Carlos Veloso (3), Javier Figueroa (5), Pedro Cerqueira (2), David Fonseca (2), Iván Malvido (2), Daniel Fernández, Bruno Vázquez (10), Marcos Villar, Ismael Alonso (2), Miguel Pousa (4), Alberto Alonso.

Colexiados: Abel Juncal e Angel Villar. Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 1-3 /1-6 /3-9 /5-13 /6-16 /8-18-Descanso-12-19 /14 -21 /18-25 /20-28 /21-31 /21-33-Final.

Incidencias: Partido da décima  xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no pavillón de Coristanco ante un centenar de seareiros.

Fotos do partido:

dsc_0700

dsc_0701

dsc_0704

dsc_0705

dsc_0706

dsc_0707

dsc_0708

dsc_0710

dsc_0716

dsc_0719

dsc_0720

dsc_0726

dsc_0727-1

dsc_0730-1

dsc_0731-1

dsc_0732-1

dsc_0733-1

dsc_0734

dsc_0735-1

dsc_0737-1

dsc_0741-1

dsc_0743-1

dsc_0745-1

dsc_0747-1

dsc_0751-1