O Goldie Xiria atáscase en ataque e sae derrotado a domicilio

Viaxaba ata Salceda de Caselas; o Goldie Xiria sabedor de traballo feito pola semana e co obxetivo de sumar dous novos puntos nesta fase intermedia da liga; e empezaban o partido con bo nivel defensivo ao que xa nos teñen afeitos estas xogadoras; pero as perdas de balón na segunda onda do contraataque impedían ás carballesas marcar as diferenzas.
As locais que se viron superadas ao comezo; aos poucos fóronse metendo no partido e conseguían ao descanso unha vantaxe de 8 a 6.
Na segunda parte, os problemas en ataque continuaban para as do Goldie; que ademais viron como as de Salceda de Caselas a través do xogo da súa primeira liña tomaba unha vantaxe que ao cabo sería definitiva. Pero as do Goldie non se deron por vencidas e pelexaron o partido a pesar das dificultades que estaban a ter. Un cambio no sistema defensivo nos últimos dez minutos; permitiu seguir crendo na vitoria, pero xa era tarde para a remontada. Boa actitude das xogadoras; que mostraron que a pesar de non ter o seu mellor día no xogo posicional e a subida ao contraataque; trataron de conseguir algo positivo a través do seu defensa. Esta é a liña de traballo a seguir para evolucionar de aquí a final de tempada.
Dúas semanas teñen agora para preparar o seguinte choque contra o Bm Tui en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Salceda ante un centear de seareiros. Colexiados: Roberto Trigo e Carlos Manuel Alonso do colexio galego.

BALONMAN CASELAS 22 ( 8 + 14 ): Paula Pereiro, Silvia Rodríguez, Antia González, Iria Estévez, Ana Álvarez, Lorena Fernández, Aida Suárez, Cristina Iglesias, Marta Díaz, Iris Sestelo, Patricia Torres, Zara Martínez.

GOLDIE XIRIA 15 ( 6 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Alba Rodríguez, Támara Pombo, Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Zeltia Landeira.