DERROTA DOS EQUIPOS BENXAMIN E ALEVIN FEMENINOS ANTE EQUIPOS SUPERIORES

Na mañá do sábado celebrouse en Carballo a xornada 7 da liga alevin Bm 5, Grupo Costa.

Como novidade nesta xornada destacar que creouse un equipo benxamin feminino posto que estas xogadoras estaban xogando en categoría superior pero o número elevado de xogadoras alevins neste momento permite facer dous equipos sin contar ca presenza de todas as xogadoras benxamins, permitindo así que todas as nenas poidan disfrutar xogando o máximo posible.

Este equipo é o benxamin novo e nun partido amigable enfrontouse as 10.45 o balonman Lucus.

As nenas que están acostumadas a adestrar con nenas maiores ca elas foron capaces de plantarlle cara os nenos e nenas do balonmán Lucus , sin embargo faltoulles iniciativa de cara a gol en moitas ocasións así como posicionarse correctamente na defensa; o cal lle valiu os xogadores lucenses para facerse co partido.

Balonman Lucus -Xiria Novo: 8-0

1º Cuarto: 11-09

2º Cuarto: 12-01

3º Cuarto: 10-07

4º Cuarto: 09-03

Xiria Novo: Sofía (7), Mencia (5), Elena (2), Xulia (2), Julia (3), Violeta, Lucía e María (1).

As 11.30 tocáballe o turno o equipo Garaysa Xiria contra os carballeses do Xiria Laber.

O partido presentábase complicado para as nosas pero a pesar do resultado o equipo amosou unha boa imaxe no xogo sendo capaces de lanzar en numerosas ocasións sin oposición que por mala sorte os porteiros rivais eran capaces de parar. Na defensa foron capaces de estar atentas e non perder de vista os opoñentes así como anticiparse nalgunha ocasión para roubar algún pase rival.

Destacar as paradas de Clara que non se viu en ningún momento amedrentada ante os lanzamentos dos nenos do Laber.

Balonman Laber -Garaysa Xiria: 8-0

1º Cuarto: 09-02

2º Cuarto: 11-06

3º Cuarto: 09-05

4º Cuarto: 07-01

Garaysa Xiria: Sara Rial (8), Mencía Rodriguez (1), Sofía Rey(1)  , Noa Millán (1),Noa Quintela, Clara Graña, Noa Quintela e Sam López (3).

O último equipo en xogar foi o Grupo Lemaco que se afrontou a un balonmán Muxía moi superior que fixo que as nosas xogadoras non estiveran cómodas ante nenos moito máis altos e rápidos ca elas. Esto fixo que as xogadoras do grupo Lemaco non demotrasen o bó facer dos adestramentos amosándose moi brandas en defensa e sin ideas no ataque con erros e precipitacións os cales fixeron que se perderan moitos balóns que aprobeitaron unha e outra vez os nenos de Muxía para anotar gol sin a oposición necesaria.

Balonman Muxía -Grupo Lemaco: 8-0

1º Cuarto: 17-03

2º Cuarto: 14-05

3º Cuarto: 08-06

4º Cuarto: 16-00

Grupo Lemaco Xiria: Carla Martínez (4) , Julia Verdes (2), Xulia Suárez, Andrea López  (1), Nerea Figueiras , Elena González (4) e Sara Méndez (3).