O Garaysa non foi quen de sumar en Pontevedra

O pasado martes o Garaysa Xiria desprazouse a Pontevedra a xogar un partido aprazado fronte ao Bm Cisne. O Garaysa viaxaban con necesidade de puntos, pero sabendo tamén da fortaleza do seu rival que marcha na segunda posición.

O primeiros minutos do partido estarían marcados pola igualdade. A defensa do Garaysa tardou en axustar e permitía aos xogadores pontevedreses ter ocasións de perigo en zonas centrais, a pesar deses lanzamentos claros a portería carballesa ía a estar acertada. O ataque dos carballeses foi dinámico e con unha boa selección de lanzamento, ainda que non sempre coa precisión necesaria para conseguir gol. Con todo, a igualdade reinou a primeira metade e marchamos ao descanso con 13-13 no marcador.

A volta dos vestiarios o Garaysa necesitaba apretar o acelerador, sobre todo en acción defensivas, para poder puntuar nunha pista tan complicada. Sen embargo o Cisne fixo cambios e apretou ainda máis, sobre todo en situación de ataque. Polo que o partido foise decantando pouco a pouco cara os pontevedreses. A pesar de todo, o Garaysa realizou boas accións en ataque ante unha forte defensa 6-0. Con todo o resultado final foi 34-26.

CISNE MUNDO DE SEPO 34  (13+21) Hugo Pérez, Mateo Castro, P. Fernández, Manuel Lorenzo , Luis Fernández (4), Martín Santos (6), Miguel Sierra (10), C. Fontenla (2) , Manuel Torres (1), Iker Catas (3), Mauro Lago (7), Breixo Fontanes.

GARAYSA XIRIA 26 (13+13) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (5), Ángel Viña (3), Samuel Veiga (6), Erik Vázquez (1), Pablo Veiga (1), Xurxo Fraga (6), Alberto Rodríguez (1).

O seguinte partido, contra o Bm Bueu,último partido de liga que vai a decidir se o Garaysa Xiria é quen de terminar na sexta posición (praza que da dereito a manterse en división de honra)  despois da boa segunda metade de liga. O domingo ás 10:00h no pavillón Vila de Noia os nosos infantís van a necesitar do apoio e o alento da nosa afección para poder vencer e ,ganarlle o gol average o Bm Bueu.