Previa do 22 de abril

1ª Estatal
Visita Carballo, o campión de liga. E é que o Landbit Lanzarote mostrouse superior durante toda a tempada ao resto de rivais. A clasificación actual; con 10 puntos de diferenza sobre o segundo
clasificado, deixa ver ás claras, esa superioridade; polo que os lanzaroteños, están a preparar desde hai unhas semanas a fase de ascenso.
O Calvo Xiria pola súa banda; vén nun bó estado de forma, dos últimos 12 puntos en xogo; conseguiu 11. Pero o reto desta semana é esixente e ilusionante. Deberá facer un bó partido en todas
as súas fases; disminuir erros e ser regulares ao longo dos 60 minutos. A afección, como sempre xogará un papel fundamental. Esperase unha gran entrada no Vila de Noia para afrontar un dos
partidos máis complexos do ano.

Categorías Base: Liga Ouro
O Garaysa Xiria, en plena evolución; indo de menos a máis durante todo o ano; gañouse o dereito para xogar esta fin de semana, a eliminatoria pola final4. Farao en Lugo, na Casa do Deporte, o
sábado ás 12:30 ante o CP Lucense; que vén de proclamarse campión de liga prata. Unha eliminatoria a partido único e onde calquera pode levar a vitoria. Por tanto; eliminatoria aberta e
emocionante.

Categorías Base: Liga Prata
Tamén o sábado o Garaysa Xiria B, viaxa e faino ata o Grove, para xogar contra o Somega Rasoeiro Bm, ás 10:15, no pavillón Monte da Vila. Penúltima xornada dunha liga moi igualada cada xornada e que progresa ben.

Categorías Base: Escolas Balonmán Xiria
Na competición de alevín 7; o sábado teremos o derbi local no CEIP Fogar, ás 10:00 entre o Reneymar Xiria B e ALS Xiria.
Na competición de Bm5. Alevín mixto; Insplabler Xiria xogará no San Francisco Javier ás 12:00 contra Oar Ciudad e en benxamín mixto; os equipos de Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria e Óptica
Auris Xiria xogarán en Abegondo.
Por último; gozaremos dunha xornada prebenxamín; ás 18:00 no CEIP Fogar cos nosos equipos ALS Xiria e MP Distribuciones Xiria; para goce de todos.