GR DEP RIBEIRA 16 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 40

Gr Dep Ribeira: José, Óscar (1), Daniel (6), Marcos (2), Mario (2), Francisco (3), Roberto (2)

Ifecgas Preira Xiria: Naya, Boti (8), Zas (9), Diego (5), Alberto (3), Rodrigo (3), Óscar (5) -equipo inicial- Borja, Néstor (1), Dani (6).

Colexiados: Mal partido do colexiado Rafael Iglesias.

ANTIBALONMÁN, así poderiamos catalogar o xogo feito polo equipo local e que estivo a piques de rematar con algún xogador carballés seriamente lesionado. Agarróns, empurróns no aire…, así era como defendian os de Ribeira, feitos por outro lado ben sinalados como sancionables con dous minutos no regulamento. E este foi precisamente o problema, o arbitro da contenda permitiu dende o primeiro momento este tipo de actitude por parte do equipo local, o que a postre levou a que un partido sinxelo se quentase máis da conta.

Na parte deportiva o Ifecgas Pereira Xiria acudía a Ribeira como campión da Liga Territorial despois da vitoria hai dúas semanas fronte ao Esc. Mpal. de Camariñas.

Prevíase un partido sen complicacións para os bergantiñáns debido a escasa entidade do rival e así foi dende o principio e en todo momento como xa indicaba o 10-19 do descanso.

A segunda metade foi aínda máis aburrida se cabe, debido a esa gran superioridade dos visitantes que aproveitaron para facer algunha que outra probatura de cara ao próximo Campionato Galego.

Como consecuencia de todo o dito con anterioridade un marcador final de 16-40 de un equipo que xa está traballando de maneira ilusionante para ser competitivos e facer un campionato galego digno e brilante.