Abertas as inscricións para as Escolas de Verán Xiria 2021

Todo preparado para a 28ª edición das Escolas de Verán Xiria. Un ano máis o CEIP Fogar de Carballo será a sede dun dos campamentos urbáns referencia na comarca de Bergantiños.

Máis de 200 nen@s desfrutan cada ano do campamento no que se combinan actividades deportivas, culturais e lúdicas á vez que seguen evolucionando na súa educación a través de valores como a solidariedade  e o compañeirismo. 

Nesta edición de 2021 queremos incluír novidades relacionadas coa coidado do medio ambiente e os hábitos de vida saudable. Entre outras, haberá actividades como: orientación e sendeirismo, obradoiros de reciclaxe, xornadas de linguaxe de signos,  horto ecolóxico, actividades na natureza…

Co deporte como actividade principal e ferramenta educadora, seguiremos sendo a alternativa ideal para favorecer a conciliación familiar nas vacacións estivais á vez que aproveitamos para facer amig@s e para desfrutar de moitas aventuras.