Ambiente de gala nun Vila de Noia; clave; para o triunfo do Calvo Xiria

Un partido competido e igualado onde o Calvo Xiria soubo sufrir, indo por baixo no marcador con pequenas diferenzas dun e dous goles e onde o excelente traballo defensivo, unido ás actuacións individuais de Darío, detendo ata 4 7 metros e Chimpo con 12 goles levaron á vitoria; cando tan só restaban 4 segundos para o final.

E é que o partido non empezaba ben para os intereses locais, cometendo demasiados erros, en detalles que denotaban a falta de concentración. O primeiro tempo morto chegaba demasiado pronto; pero necesario tras o primeiro parcial do Carballal (2 a 5). Enganchábase aos poucos ao partido. A defensa subiu o nivel, e Diego Antelo poñía o rumbo no ataque posicional. Parecía que chegabamos empatados ao descanso; pero uns 7 metros transformado por Guille Rial, daba vantaxe ao Carballal (15 a 16).

Tras o paso por vestiarios, o encontro seguía a mesma dinámica, Carballal poñía diferenza de dous goles no min 45. Un tempo morto local servía para poñer de novo as táboas, pero Félix Mojón chamaba aos seus a falta de 10 minutos, e Carballal poñíase un gol arriba con gol de Alejandro López.

O partido podía caer de calquera lado; Chimpo poñía o empate a 32 cun gol desde os 10 metros. O último ataque do Carballal, chegaba ata pasivo, Bruno Cela lanzaba despois do quinto pase cando faltaban 8 segundos, o que non permite sacar rápido ao Calvo Xiria. Os colexiados pitan sabotaxe por ser unha infracción nos últimos 30 segundos e decretan 7 metros favorable ao Xiria. Chimpo collía a responsabilidade e marcaba o gol da vitoria para delirio do Vila de Noia.

Calvo Xiria 33 – Gránitos Ibéricos Carballal 32

Calvo Xiria (15+18): Darío Calviño (2p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (6), David García (1), Fran Rey, Pablp Veiga, Julián García, Chimpo Rodríguez (12), Daniel Periscal, Diego Antelo (6), Mario García (1), Carlos Varela (1), Marcos Amarelle, Mario Cancela (6).

Gránitos Ibéricos Carballa (16+16): Samuel Rodríguez (1), Diego Rodríguez (3), Iago García, Carlos Veloso (4), Alejandro López (7), Juan José Basante, Iván Soage (5), Jonathan Patiño, Jorge Navarro (4), Bruno Cela (3), Cristian Bretal, Guillermo Rial (2), Juan José Novás, Yasir Martínez (1), Pablo Vilaboa (2), Álex Figueroa.

Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro

Marcador cada 5 minutos: 2-4, 4-5, 5-7, 8-9, 12-12, 15-16, (descanso), 19-21, 22-22, 24-26, 26-27, 30-31, 33-32 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 20ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).