Todas las entradas de BalonmanXiria

Derbi para o Goldie Xiria

Partido moi igualado o disputado na mañá do domingo no Carballo Calero entre o Goldie Xiria e o Encaixes Camariñas. Antes do inicio do mesmo a Selección Española W19 fixo unha visita na mesma instalacións aos equipos femininos de Escolas Balonmán Xiria, xesto moi amable, de agradecer por parte das internacionais españolas.… Seguir lendo >>

Empate no Vila de Noia

Un partido con dúas partes totalmente diferenciadas. A primeira do Calvo Xiria, sen dúbida, e a segunda totalmente do Novás. O que semellaba un partido totalmente decantado para os carballeses cando no minuto quince do primeiro tempo levaban un parcial favorable de 10-2, diferenza que se mantiña no momento de ir aos vestiarios, transformouse nun empate final, que deixou a uns e outros desconformes.O Calvo Xiria fixo unha defensa moi anticipativa nos primeiros trinta minutos, o que lle permitiu correr ao contraataque, sen dar opcións aos rosaleiros de entrar no partido.… Seguir lendo >>

Xornada decisiva para Escolas Balonmán Xiria

Este sábado, ás 20:15, rende visita a Carballo o Acanor At. Novás. O que suporá un complicadísimo encontro para o Calvo Xiria, pois enfronte terá a un dos equipos que mellor plantel ten na 1ª Estatal con xogadores de contrastada calidade e experiencia, entre os que se atopa Ramón Suárez-Pumariega, xogador do Xiria até esta tempada e que xogará no Vila de Noia como visitante por primeira vez.… Seguir lendo >>

PekeBm Calvo Xiria

Vivimos este domingo en Abegondo a primeira das xornadas da “2ª Liga de PekeBm”.

Logo do éxito acadado con esta mesma iniciativa a pasada tempada, un grupo de clubs da Provincia da Coruña segue a traballar para que os máis pequenos poidan gozar xogando ao deporte que máis lles gusta, o BALONMÁN.… Seguir lendo >>

Partidazo no Vila de Noia e dous puntos para o Calvo Xiria

Non defraudou o encontro entre o Calvo Xiria e o Bm Lalín. Rivalidade, igualdade, emoción e por enriba de todo un duelo con moita calidade no xogo, con accións que fixeron levantar ao público presente. Porque si na pista houbo un gran espectáculo non foi menos nas bancadas do Vila de Noia, ateigadas de seareiros carballeses e dun bo grupo de lalinenses que apoiaron a cadanseu equipo sempre dende a máxima deportividade.… Seguir lendo >>

Dous puntos en xogo ante a SAR de Redondela

Disputa o Calvo Xiria este sábado ante a SAR de Redondela un choque que xa é un clásico da Primeira Estatal. Non deberá de ter a máis mínima confianza o conxunto carballés, pois pensar no avultado resultado acadado na primeira volta sería unha situación moi perigosa para acadar os puntos en xogo, xa que os xogadores redondeláns terán gañas de amosar o equipo que realmente son.… Seguir lendo >>