Fin de semana sen resultados positivos para o Laber Xiria A

LABER XIRIA A 26- SAR 27

O Laber Xiria xogábase neste partido o seguir nos postos nobres da táboa e reafirmar o seu bo estado de forma a pesares de que non todos os resultados lles resultasen favorables. Polo tanto este partido podía ser un punto de inflexión.

Lonxe de sair ao partido con un nivel de intensidade moi alto o Laber Xiria os carballeses entraron fríos e pasivos antes as situacións de xogo que xa coñecían do rival. De este xeito as primeiras rentas do marcador foron todas en favor do equipo visitante.  O xogo do Laber nun comezo era moi pausado e centralizado nas decisións individuais, xogo que está lonxe do seu modelo de xogo. Pouco a pouco conseguíanse as primeiras continuidades e a mellora por momentos do xogo en ataque. Sen embargo na defensa seguiamos as ser incapaces de frear o seu xogo co pivote e as súas situacións de lanzamento e xogo 1vs1 dos laterais. De este xeito chegouse ao descanso por debaixo no marcador 11-13.

A volta do descanso o Laber dou un arreón incial que conseguía igualar o partido. Sen emebargo non puido culminar a remontada pois os despistes defensivos ante as circulacións e as trayectorias largas. A partir de ese primeiro arreón o xogo do Laber volvía a ser con altibaixos buscando situacións que non están traballadas e tentando ir a guerra de maneira individual. O pouco xogo colectivo e os numerosos erros de cara a lanzamento en situación claras penalizaron aínda máis. A pesares de volver a ter un final de infarto o Laber quedou sen os dous puntos.

 

CISNE 28- LABER XIRIA A 24

https://www.youtube.com/watch?v=dZ5O9vch5JM

Os dous equipos xogaban o encontro  que previamente fora aprazado de cuartos de final da Copa Galicia, nunha situación que non era sinxela para os dous equipos. Os de carballo acumulaban xente con moita carga encima e os de Pontevedra tan só contaban con 7 efectivos.

A pesares de estes motivos o partido estivo competivo e serviu para ambos equipos.  O Laber con unha actitude  moito mellor entraba ao partido sendo capaces de frear en defensa aos xogadores do Cisne grazas a actividade previa aos contactos, esta defensa permitíalle correr aso carballeses e aproveitar unha das súas armas. No ataque posicional seguíase sen conseguir unha mobilidade de xogadores. Con todo, os carballeses movían banquillo e conseguían manter o mesmo nivel e seguir enchufados ao partido. Chegábase así ao descanso con 13-11 para os de Pontevedra.

Na segunda metade o partido seguiu a mesma liña, sen embargo, o Laber conseguiu unha maior mobilidade e maior xogo colectivo na segunda metade. As rents foron oscilando pero o Laber seguiu sen perderlle a cara ao partido ata o 28-24 final. 

Sen embargo este partido ten unha lectura postiva pois albíscase que o Laber comeza a ter máis efectivos para incorporar e ter minutos de calidade de cara a próximos partidos.