O Calvo Xiria cae ante o líder na casa(19-26)

Un Calvo Xiria gafado no lanzamento caeu derrotado na sua pista ante o sólido líder da Primeira Autonómica femenina, o Bm. Reconquista de Vigo.
As carballesas comenzaron o encontro con folgos, creando boas situacións de lanzamento e abrindo o encontro con parcial de 3-1 a favor. Pero unha serie de erros de cara a porta, fixo que as viguesas recobraran o dominio no electrónico endosándolle un parcial de 0-7 que golpeou na moral das do Xiria, distancia que non puido ser salvada máis tarde. Na segunda metade as locais voltaron a pista recortando as distancias, pero pronto volveu o líder da competición a levar o encontro o seu terreno. O xogo colectivo das verdes non luciu, e a falta de continuidade nas accións de ataque das verdes permitiu que o centro da zaga vigués dominará o encontro con solvencia.
 
O Calvo Xiria comezará a segunda volta na terceira posición e recibindo a un sempre difícil Coreti Lalin o vindeiro sábado no Vila de Noia