O Calvo Xiria gaña en Bueu nun partido trepidante

Gran encontro o vivido na tarde do sábado entre o Calvo Xiria e o Bueu Atlético. Dous dos equipos que maior ritmo impóñen aos seus partidos; un bo xogo nas transicións e con moito dinamismo no ataque posicional. Unha proposta arriscada por facer un balonmán divertido deixounos un gran partido.

E é que desde os primeiros minutos de xogo o ritmo foi abafador, onde o Calvo Xiria lograba manter ao seu rival cunha diferenza que se movía entre 1 e 3 goles. Os de Carballo tivéronse que adaptar durante a primeira parte á lesión de Julián García, e cambiar a rotación. Un dos puntos fortes do equipo está tempada que deu un paso adiante neste tipo de situacións.

Bueu metía o último gol da primeira metade por mediación de Brais; que ademais lograba quedar en superioridade numérica, para irse ao descanso 16 a 18.

Empezaba a segunda metade en ataque para o Calvo Xiria, que tiña a responsabilidade de meter gol, xogando sen porteiro, senón quería ver como os de Bueu se achegában ao marcador. Diego Antelo asumía a responsabilidade e poñía o +3, diante da defensa 5:1 que propoñían os locais.

O Calvo Xiria recuperou a igualdade e chegados ao minuto 40, a vantaxe era de 4 goles. Non tiraba a toalla o Bueu, e apertaba desde o contraataque para poñerse a un só gol. Darío apareceu desde a portería para frear a remontada; o ritmo era moi alto e o desgaste físico empezaba a asomar en ambos equipos. Adrián Dubra chamaba aos seus a falta de 15 minutos. O equipo tomou osíxeno, e lograba un parcial favorable que sería definitivo.

Gran esforzo dos xogadores que obtiveron a recompensa que querían, con dous puntos máis na clasificación.

Bueu Atlético Balonman 27 – Calvo Xiria 36

Bueu Atlético Balonman (16+11): Mauro Bacelar, David Iglesias (1), Javier Torres (2), Roque Arias (3), Eder Costa (2), Brais López (4), José López (4), Andrés Bacelar (5), Gonzalo Freire, Eduardo Alonso, Miguel Pérez, Iván Fernández, Julio José Ferreiro, Eloy Malvido (1), Diego Dios, Adrián Suárez (5).

Calvo Xiria (18+18): Darío Calviño (2p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (1), David García (3), Fran Rey (1), Julián García, Chimpo Rodríguez (13), Diego Antelo (2), Mario García, Carlos Varela (2), Mario Cancela (8), Edu Cousillas (4).

Árbitros: Pablo Manuel Barreiro e Christian García.

Marcador cada 5 minutos: 1-3, 5-6, 7-9, 10-13, 13-15, 16-18, (descanso), 19-20, 20-24, 24-25, 25-28, 26-32, 27-36 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 19ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Pablo Hervello (Bueu).