O Calvo Xiria iniciou a pretemporada cun amigable en Oviedo

Primeira toma de contacto coa competición para o Calvo Xiria na tempada 22/23. Viaxou ata Oviedo para xogar o seu primeiro partido amigable. O Union Financeira levou unha vitoria, que forxou nos segundos 30 minutos.

Un partido de moitas probas para ambos equipos e cun compoñente físico para ir collendo ritmo e que ambos os adestradores souberon aproveitar. O conxunto de Oviedo, mantívose con mínimas vantaxes na primeira parte; os dous equipos mantiveron un ritmo alto, tratando de aproveitar cada erro do rival no ataque posicional. Union Financiera conseguía a maior diferenza de goles xusto antes do descanso (23 a 19).

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria seguiu tratando de competir probando diferentes estruturas e querendo levar a iniciativa diante dun rival superior abrigo no aspecto físico. O equipo foi intermitente en labores defensivas, e en ataque vai mostrando síntomas de mellora; pero ainda así o conxunto local mostrouse fiable e superou claramente o Calvo Xiria.

O domingo 21 de agosto ás 18:30 no Vila de Noia, o Calvo Xiria disputa o seu segundo encontro, ante o recentemente ascendido á liga Asobal, o Cisne de Pontevedra, en xogo os cuartos de final da Supercopa Galicia.

Union Financiera 48 – Calvo Xiria 34

Union Financiera (23+25): Federico Wermbter, Raúl Blanco (5), Pablo Del Rincón (5), Vlayslav Parovinchak (5), Ignacio Huerta (1), Francisco Revuelta, Paulo De Oliveira (6), Rubén Rozada (7), Francisco Pérez (1), Daniel Fernández, Cristian Ondo (2), Jayro Pérez (4), David Ortega (2), Yailan Hechavarria (6), Jaime González (4).

Calvo Xiria (19+15): Mateo Pallas (p), Darío Calviño (p), Aaron Rodríguez (3), Esteban Puñal (1), Gabriel Castiñeiras (3), Antonio Figueiras (4), Hugo Rodríguez (5), Diego Vega (1), Diego Antelo (1), Manuel Méndez (1), Álex Gómez (1), Jorge Bouzas (4), Carlos Varela (4), Mario Cancela (3), Martín Fuentes (3), Julian García (1).

Parciales cada 5 minutos: 4-2, 7-4, 10-10, 16-14, 19-16, 23-19, (descanso), 32-25, 34-26, 36-27, 37-28, 44-32, 48-34.

Árbitros: Daniel Álvarez e Santiago Piñera.

Incidencias: Partido amigable entre un Union Financeira que xogará esta tempada en división de honra prata e un Calvo Xiria que iniciará a súa andaina en primeira Nacional. Disputouse na Florida Arena (Oviedo).