O equipo sénior B comeza con derrota a Copa Federación

O equipo sénior B de Escolas Balonmán Xiria desputaba o primeiro partido da Copa Federación en Narón. Este equipo está creado para dar oportunidade aos xogadores sénior de primeiro ano e para aumentar o nivel de competición dos rapaces xuvenís polo tanto, o lóxico e que vaia crecendo co pasos dos partidos e da competición xogando contra xogadores de máis nivel e experimentados.

A Esperanza Comidas Bar Balonmán Narón 43 – Balonmán Xiria B 28.

O partido na Gándara comezaba con certa igualdade. O equipo local conseguía goles con facilidade, debido á falta de axuste inicial na defensa carballesa pero, os rapaces de carballo con un ritmo alto de xogo tamén conseguían anotar na porta contraria. O ritmo de goles iniciais foi moi elevado.  Esta igualdade inicial pronto se rompería debido a que o Narón aumentou o ritmo e conseguía facer moito dano á defensa carballesa na zona central,e a pesares de seguir a realizar unha labor moi correcta no ataque a defensa comezaba a sufrir moito. Foi así cómo pouco a pouco aumentaba a distancia no marcador ata o 22-16 ao descanso.

Na segunda metade o equipo de Narón mostrou a súa superioridade física e de experiencia e fixo seu o partido. A maiores os erros numerosos de lanzamento penalizaban aos de carballo , o que sumado ás fraxilidade defensiva facía que o partido fose para un Narón moi superior. Foi así cómo se chegou ao 43-28 final do marcador. Con todo esta tan só é o primeiro paso destes xoves rapaces que terán que medrar aos poucos nesta categoría.

acta_completa_ Narón- Xiria Sénior B