O Garaysa Xiria A cae no último segundo

Partido moi intenso entre os dous equipos onde a precipitación local fixo que os dous puntos fosen para Vigo.

Garaysa Xiria A 28 – Ferlovi Carballal 29

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (10), Ivan Rey (1), Gonzalo García (6), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama (1), Lucas Radio (1), Brais Sánchez, Dani Pan (1) e Hugo Rama (5).

Incidencias:  Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo).

Arrancaba o partido cos dous equipos moi fortes nas tarefas defensivas onde o contacto estaba a ser o protagonista e onde os ataques estaban a ser pouco fluídos. O encontro transcorría e os visitantes daban coa tecla e conseguían coller un vantaxe de 3 goles que obrigaba a parar o partido aos carballeses. Dende ahí, o partido foi por tramos, e xa na segunda metade, o Garaysa poñíase por diante e parecía que iba levarse o partido, pero outro arreón final dos visitantes e a precipitación por querer cerrar o partido dos locáis fixo que se chegara ao final cun empate, onde o Garasya iba perder a pelota a falta de 30 segundos, e no último intre o Carballal conseguiría levarse o dous puntos.

A vindeira semana o Garaysa A viaxa a Vigo para enfrontarse ao Reconquista de Vigo.