Partido moi competido do Sénior B a pesar da derrota final

O Sénior B disputaba o pasado domingo un difícil partido contra un dos rivales que van a loitar polo ascenso, o Línea 21. Os carballeses tiñan que voltar a liña de progresión que viñan amosando e quitar o mal sabor de boca que deixara a primeira metade do partido de Moaña.

XIRIA B 29- LÍNEA 21 31

O partido comezou con igualdade, nos ataques resolvían certos detalles individuais e as defensas amosábanse ben formadas. A igualdade reinou a meirande parte da primeira metade, pero erros de inexperiencia ao final da primeira metade fixeron que o Línea 21 conseguira unha ventaxa para o descanso de 5 goles.

Á volta dos vestiarios os carballeses conseguiron prantexar unha defensa que provocaba perdas nos rivais ou lanzamentos que conseguía deter o gardameta local. No ataque con paciencia conseguía anotar. De este xeito pouco a pouco o equipo local conseguiu igualar o partido, sen embargo, cando os carballeses o tiñan de cara malgastan unha situación de ventaxa numérica o que fixo que o rival volvera a marcharse lixeiramente no marcador ata o resultado final 29-31. A pesar de non conseguir os dous puntos os carballeses competiron a un gran nivel contra un equipo dun bo nivel.