Vitoria do Montaxes Carballo no Rosal

Viaxa o equipo carballés ao Rosal despois de unha dura derrota na súa casa con ganas de mellorar a súa imaxe sabedores que o seu nivel e maior que o amosado a fin de semana pasada.

VALINOX NOVÁS 21- MONTAXES CARBALLO XIRIA 30

O comezo do partido foi bo por parte dos carballeses, en ataque dando as continuidades necesarias para chegar a unha situación favorable de gol, na defensa logo de uns desaxustes inciais, grazas a mobilidade do grupo conseguíase condicionar ao ataque rival que tan só conseguía facer dano nos 1vs1. Grazas a estas situacións os carballeses conseguían unha boa diferenza no marcador ata chegar ao descanso con 7-17 no marcador.

No inicio da segunda metade o Montaxes baixou un pouco o nivel pero soupo volver a engancharse ao partido e conseguiu que a segunda metade non tivera máis altibaixos e conseguir a primeira vitoria sen sufrir da tempada. Neste partido víronse aspectos que teñen que ser a base do que queda de tempada.