Pleno de vitorias para os equipos do Punta del Este

Xornada intensa para os equipos do Punta del Este Xiria a pasada fin de semana.

As nenas de Liga Ouro lograron a súa terceira vitoria seguida despois de impoñerse o Bm. Tui de forma máis cómoda do esperado. A defensa aberta das carballesas fixo moito dano o equipo pontevedrés, que pouco a pouco foi perdendo distancias no electrónico (15-7, descanso). No comezo do segundo tempo, as de Tui apareceron no segundo acto con folgos renovados, pero co paso dos minutos as carballesas voltaron a dinámica do primeiro tempo asegurando así unha victoria (26-14, final) que lles fan escalar postos na clasificación. A próxima xornada as de Zarra repetirán como locais, recibindo o Bm. Porriño.

Do mesmo xeito, as nenas de Liga Prata solventaron unha fin de semana moi esixente con dúas vitorias que lles colocan como líderes en solitario do seu grupo ademáis de acumular un bó puñado de puntos para a segunda fase.

O sábado recibiron o Bm. Pabellón no CEIP Fogar, nun encontro moi igualado e con alternancias no marcador ata mediada a segunda metade. Foi aí onde as carballesas se mostraron moito máis eficaces no ataque e renataron de decantar o encontro (22-19).

Xa o domingo, o Punta del Este Xiria B viaxou a Lugo para medirse en partido aprazado ante as segundas clasificadas, e tamen imbatidas ata ese momento, o Bm. Lucense.

O partido, frío como o ambiente, non resultou nada vistoso cargado de erros individuais e apoiados na defensa pechada das lucenses que levaron o encontro a un rexistro moi baixo. A pesares diso, e de ir por detrás no marcador durante case todo o xogo, as carballesas que chegaron moito mais frescas os últimos dez minutos, foron capaces de voltar unha diferencia de cinco goles para rematar impoñéndose ó final (9-12).

Esta vitoria consolida ás carballesas a falta de dúas xornadas como líderes con pleno de vitorias.

A próxima semana a Liga Prata descansa.