PUNTA DEL ESTE XIRIA 14 – Rasoeiro Bm. AES 25

29/04/2005 1ª XORNADA

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Berta, Juana ( 6 ), Iria ( 4 ), María ( 2 ), Jessica, Marta – equipo inicial – Cristina ( 1 ), Mariana ( 1 ), Sheila, Jennifer, Patricia.

RASOEIRO BM. AES: Laura, Iria ( 2 ), María ( 8 ), Irene ( 1 ), Itziar ( 3 ), Ariana ( 8 ), Sara ( 3 ) – equipo inicial – Silvia, Rebeca, Nuria, Raquel, Alesandra.

O Punta del Este Xiria iniciou con mal pe o seu camiño polo Campionato Galego Cadete Feminino caendo derrotado ante o Rasoeiro por 14 goles a 25. No descanso o resultado era de 4 a 14.

Os primeiros quince minutos deixaron sentenciado o encontro xa que o marcador chegou a indicar un resultado de 1 a 9, que deixaba as claras os gravísimos problemas polos que pasaba o ataque carballés. Como mostra dos problemas en ataque cabe mencionar que as carballesass so foron capaces de materializar 3 dos 9 sete metros dos que dispuxeron.

Os nervos puideron cas ganas das xogadoras do Xiria que non atopaban portería con facilidade, e cando o conseguían non eran quen de superar a gardameta rival. A partir do minuto quince o parcial foi de 3 a 5, algo que xa se pode considerar normal e tras regresar do descanso e cos nervos xa na caseta o equipo do Punta del Este demostrou parte do seu xogo e caeu derrotado cun parcial de 10 a 11, a pesar de que o Rasoeiro seguiu durante todo o encontro cas xogadoras titulares.

Os colexiados Fernández e Rodríguez fixeron un moi mal arbitraxe de cara os dous equipos con continuos erros na sinalización de pasos e faltas en ataque.