Traballado empate do Grupo Lemaco B ante o BM Cangas

O Cangas, claro contendente na pelexa polo liderato, sufriu no Fogar cando no comezo do encontro o Xiria dominaba a pesar dos erros en ataque grazas á alta intensidade do seu 5:1 e á intervención dunha Lara infranqueable na portería. Pola contra, as do Morrazo optaron por unha defensa 3:2:1 con moita profundidade sobre as laterais, permitindo ademáis axudas nas proximidade do avanzado.  Acostumadas a obter goles doados de contraataque, viron frustados os seus esforzos por un Grupo Lemaco que baixaba ó repliegue moi rápido e pechaba as portas con velocidade. A primeira metade foi unha forte disputa onde ambos conxuntos vaciaron os folgos apenas logrando sumar no electrónico, marchando ó descanso cun irrisorio (9-6) propio dun partido alevín.

Á volta dos vestiarios ambos conxuntos comezaban a xogar mellor colectivamente, a buscar espazos detrás do 3:2:1 cangués e a dar continuidade á bola para atopar os ocos no bloque de Carballo, pero aínda non era suficiente para romper a dinámica dun encontro reticente a progresar de forma rápida. Non foi ata case o minuto 50 once o Cangas por fin acadaba a igualdade e seguiu ata os dous tantos de vantaxe (17-19) no minuto 56. O tempo morto das locais e un enfoque diferente permitiron retomar á iniciativa, que acompañou Lara parando un lanzamento de sete metros no derradeiro minuto e Xulia anotando un propio para obter o parcial final de 3-1 que aplicou o reparto de puntos co agónico (20-20) final.