Bos resultados alevíns en BM5 no desprazamento a Camariñas

Voltou a competición de BM5 e os tres equipos alevíns masculinos viaxaron a Camariñas o pavillón Municipal O Areal para disputar os seus encontros correspondentes.

Comezaba como de cotió a competición as 10 da mañá e o primeiro dos encontros para os nosos foi entre o Lista Xiria e o Camariñas B.

O partido moi disputado con cuartos ben diferenciados que acabou cun empate de 4-4. Os nosos nenos sairon algo adurmilados pero co paso dos minutos foron collendo ritmo para pelexar pola victoria que o final non puido ser.

Lista Xiria – Camariñas B: 4-4

1º Cuarto: 03-07      2º Cuarto: 09-06      3º Cuarto: 07-02      4ºCuarto: 06-08

ListaXiria: Marcos (2), Yago (3), Dani (3), Henrique (9), Nico (1), Andrés (5) e David (2).

 

O segundo dos encontros comezaba as 10.45 e enfrontaba LaberXiria co Camariñas.

Neste partido os de Carballo sairon cas pilas ben cargadas e tanto cunha moi boa defensa como cun bó ataque conseguiron a victoria por 8-0.

1º Cuarto: 11-03      2º Cuarto: 07-01    3º Cuarto: 09-05     4º Cuarto: 10-00

LaberXiria: Xano (4), Brais (6), Daniel (8), Máximo (6), Lucas (1), Nicolás (6), Jorge (2) e Álvaro (4).

 

O último partido foi as 12:15 entre Telepizza Carballo XiriaXallas.

Os carballeses ganaron 5-3 gracias en parte o bó facer na portería e as interceptacións de balón que permitían os nosos meter goles máis cómodamente xa que a boa defensa do Xallas puxo en numerosas ocasións en apuros o noso equipo.

Telepizza Carballo Xiria: Antón (4), Álvaro (2), Diego Pallas (4), Diego Mourelle (11), Diego Barbeira (9) e Xabi (5).