O Laber A finaliza a fase de clasificación en primeira posición

ATLÉTICO NOVÁS 21-  LABER XIRIA A 27

O pasado sábado día 17 o Laber desprazábase ata O Rosal para enfrontarse ao sempre loitador Atlético Novás. Neste partido ía a decidirse que equipo remataba esta fase de clasificación, que conformaban 3 equipos, en primeira posición. Acadar a primeira posición non era un asunto sen importancia, senon que da dereito a ser cabeza de serie do play-off de liga Ouro.

O partido comezaba marcado polos erros e imprecisión de ambos equipos. Con todo, o Laber conseguía mostrarse máis solvente e conseguía as primeiras rentas no marcador. Ambos equipos mostraban unha defensa dura e difícil de superar en accións directas. Neste contexto o equipo que conseguira unha maior mobilidade para conquistar espazos sería o que se levara o premio. De este xeito, este maior acerto que conseguía o Laber reflexábase no marcador co 9- 14 ao descanso.

A volta dos vestiarios ía a mostrar unha maior fraxilidade na defensa carballesa, o que facía que a distancia no marcador non fose maior. Na faceta ofensiva víase un xogo máis elaborado, sen embargo os carballese cometerían demasiados erros de pase. De este xeito o partido estaba a ser igualado no tramo final, que o ía a decantar o acerto da portería carballesa ata o resultado final de 21-27.

Grazas a esta vitoria o Laber clasifícase coma primeiro de grupo a seguinte fase. O equipo atópase nunha boa dinámica mais este partido foi a mostra de que se non existe un bo traballo en todos os partidos esta dinámica pode mudar en calquer momento.

acta_completa_NOVÁS – LABER A